publicidade hoxe

A Xunta continúa colaborando cos concellos para realizar actuacións que beneficien á cidadanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe Cervo, onde coñeceu de primeira man o resultado dos investimentos realizados no concello ao abeiro das ordes de axudas convocadas por este departamento autonómico.

Na visita, na que estivo acompañado polo alcalde, Alfonso Villares, destacou a importancia de seguir impulsando a colaboración entre o Goberno autonómico e os concellos galegos, que permite desenvolver actuacións útiles e que inciden directamente no benestar da veciñanza.

En concreto, ao abeiro das convocatorias de Vicepresidencia, o concello de Cervo puido adquirir o ano pasado unha furgoneta, realizar obras de saneamento e pavimentar o acceso ao futuro pavillón. En total, o conxunto das actuacións supuxo un investimento próximo aos 63.000 euros.

Estes traballos realizáronse grazas ao Fondo de Compensación Ambiental, dotado con preto de 9 millóns de euros (6,6 millóns de concorrencia competitiva e 2,4 de non competitiva), que permitiu que uns 150 concellos se beneficien das explotacións eólicas a través do canon eólico; e á orde de Infraestruturas que, cun orzamento de 2 millóns de euros, facilita que as entidades locais executen actuacións que serían moi difíciles de acometer en solitario.

12 de xuño de 2017 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.