publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta avanza no proxecto de ampliación da ponte de Valdriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLáncara
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda continúa a avanzar no proxecto de mellora das comunicacións varias entre a Pobra de San Xiao coa urbanización Praias de Valdriz. O Goberno galego prevé destinar máis de medio millón de euros para a ampliación da ponte que cruza o río Neira e para a construción dunha senda peonil e ciclista contigua a estrada LU-621.

Esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado de técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (Axi) desprazáronse ata o espazo no que se desenvolverán as actuacións programadas pola administración autonómica para, unha vez definido o trazado e realizados os traballos topográficos e xeotécnicos, concretar in situ os terreos que terán que ser obxecto de cesión por parte do Concello.

Mellora das comunicación e seguridade viaria

A actuación prevista, ademais dunha notable mellora na canalización do tráfico de entrada e saída para os veciños da urbanización de Valdriz, beneficiará aos residentes en Láncara e no municipio veciño de Baralla, xa que logo a estrada comunica todas estas localidades.

Como novidade o proxecto incorpora a construción dunha rotonda que facilitará os tráficos unha vez superada a ponte. O proxecto tamén prevé a modificación do trazado da estrada LU-621 para mellorar a seguridade viaria e confortabilidade no seu uso polos vehículos. A futura senda peonil e ciclista inclúe tamén unha pasarela contigua á ponte, que permitirá a separación dos tráficos rodado e peonil, ademais de ampliar os carrís e dará continuidade as beirarrúas que a Xunta xa executou nun proxecto anterior.

Balseiro rematou insistindo en que, “unha vez dispostos os terreos -cuestión que corresponde ao Concello- a Consellería busca crear unha vía integrada ambientalmente que aproxime aos ciclistas e aos peóns, neste espazo tan transitado, á paisaxe a aos espazos naturais relevantes na contorna do río Neira, facilitándolles aos veciños os seus desprazamentos a pé”

13 de xuño de 2017 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.