publicidade hoxe

A Xunta aposta pola eliminación dos obstáculos que impiden a participación das persoas con discapacidade na sociedade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

O secretario xeral técnico da Consellería de Política Social, Francisco Javier Abad, asistiu hoxe á inauguración das xornadas El fin de las barreras, promovidas por ONCE Galicia e nas que se aborda a necesidade da erradicación dos obstáculos que impiden a plena participación na sociedade das persoas con máis dificultades.

Deste xeito, o titular autonómico fixo referencia ás medidas que puxo en marcha a Xunta de Galicia neste senso, entre as que se enmarca a Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020 (Esgadi), “un instrumento de planificación ao servizo da comunidade que serve para avanzar na igualdade de oportunidades e na aceptación das diferenzas para un grupo de poboación heteroxéneo con necesidades e demandas diversas”, explicou Abad.

Adoptando a filosofía da Convención internacional dos dereitos das persoas con discapacidade, a Esgadi ten por obxecto impulsar accións que contribúan a que este colectivo poida gozar dunha vida autónoma e independente e teñan poder de decisión sobre a súa propia vida, conforme ao dereito de libre desenvolvemento da súa personalidade. O secretario xeral lembrou que esta estratexia “nace do traballo conxunto da administración autonómica galega e das propias persoas con discapacidade a través do movemento asociativo que as representa, grazas as cales se elaborou este documento con 477 actuacións para seren desenvolvidas no horizonte 2020”.

Estas medidas levaranse a cabo no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como o Programa de subvencións aos concellos galegos para a mellora da accesibilidade nos edificios e espazos de uso público. Javier Abad fixo fincapé en que “é a primeira vez desde 2009 que se convoca esta liña de axudas, e a nosa intención é que teñan continuidade para asegurar a accesibilidade universal das persoas con discapacidade”.

15 de xuño de 2017 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.