publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta aposta de novo pola Fundación Semana Verde para a organización de actividades lúdicas, deportivas e culturais destinadas á mocidade galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada esquerdaSilleda
A-
A+
Sinatura do acordo entre a Xunta e a Fundación Semana Verde

Sinatura do acordo entre a Xunta e a Fundación Semana Verde

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinaron hoxe un convenio para o desenvolvemento do encontro informático ‘Xuventude Galicia Net’ un evento multidisciplinar dirixido á xuventude que conta con diversas temáticas, que aborda a tecnoloxía dende todas as perspectivas, e que este ano terá lugar no Recinto Feiral de Silleda do 8 ao 10 de setembro. Á sinatura do convenio asistiron o director xeral de R, Alfredo Ramos e o xerente da Fundación, Ricardo Durán.

A Xunta potencia así a organización de actividades lúdicas e culturais vinculadas ás novas tecnoloxías que teñen unha grande demanda por parte da mocidade galega, por iso, a administración autonómica brinda unha vez máis á xuventude unha oportunidade para intercambiar coñecementos e experiencias da sociedade da información e do manexo das novas tecnoloxías. E cabe destacar a entrada no certame de R-Euskaltel, o que permitirá quintuplicar a velocidade de conexión, e contará con máis de 1.000 postos.

O encontro “Xuventude Galicia Net”, fomenta valores como a participación, a formación, a innovación ou emprendemento, que “entroncan” coa política en materia de mocidade da Xunta, e que conta con diversas temáticas, que abordan a tecnoloxía dende todas as perspectivas, sendo un punto de punto de referencia para a xuventude onde teñen a posibilidade de poder compartir as súas experiencias no eido da tecnoloxía. Todo isto supón a aposta da Fundación Semana Verde de Galicia polas novas tecnoloxías, o ocio electrónico e os e-sports (deportes electrónicos) que veñen experimentando un gran crecemento nos últimos anos e arroxando unhas importantes cifras tanto de afeccionados como de negocio.

Hoxe en día, a Xuventude Galicia Net, está considerada a maior party informática de Galicia, na que os asistentes poderán gozar de forma ininterrompida dun posto con conexión de altas prestación para o seu equipo informático, con dereito a acampar no interior do pavillón e a participar en diversas actividades.

Pola súa banda o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, destacou que este evento “constitúe un marco axeitado para que a mocidade se poida achegar á sociedade da información e ao manexo das novas tecnoloxías, sobre a base da interacción e o cambio de experiencias”. Neste sentido, apuntou o feito de que “vivimos nunha sociedade cada vez máis dependente da tecnoloxía da información, un progreso que debe ir parello a unha educación e formación tanto lectiva como non formal da xente nova que é usuaria destas novas ferramentas”.

Rey Varela manifestou que este evento estáse a converter nun punto de encontro de referencia neste ámbito, coa presenza dos produtos máis actuais e onde, ademais, os participantes poden desenvolver e dar saída a súa creatividade. “As xornadas permiten aos asistentes unha relación máis directa coas novas tecnoloxías nun escenario singular como é o recinto feiral de Silleda e cunha serie de actividades dinámicas e de carácter multidisciplinar”

13 de xuño de 2017 | 15:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.