publicidade hoxe

A secretaría xeral para o Deporte tramita a orde que regulará as eleccións das federacións deportivas galegas de cara ao ano olímpico de inverno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de comezar a tramitación da orde que regulará o proceso electoral das federacións deportivas galegas de cara ao vindeiro ano olímpico de inverno. Deste xeito, a través desta consulta pública dáse cumprimento ao establecido no artigo 133 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo que obriga a compilar a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas por este futuro regulamento acerca dos problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

En base ao mandato legal establecido na Lei do Deporte 3/2012, do 2 de abril, o vindeiro ano 2018 será ano de Xogos Olímpicos de Inverno polo que deberán realizarse eleccións en todas as federacións deportivas de Galicia.

Antes de que finalice o presente ano, a Xunta de Galicia publicará a orde que regulará as devanditas eleccións federativas de xeito que os candidatos poidan realizar unha programación e unha planificación dos procesos electorais con suficiente marxe e que conte con todas as garantías.

19 de xuño de 2017 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.