publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal en Zas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosZas
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Santiago informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Zas, na provincia da Coruña.

Axentes da Policía Autonómica da xefatura de Santiago procederon á imputación dun home como presunto autor dun incendio forestal ocorrido o pasado sábado na parroquia de Gándara, no concello de Zas e que afectou a unha superficie aproximada duns 0,21 Hectáreas de monte arborado. O lume orixinouse por unha neglixencia nas labores apícolas que estaba a realizar o investigado nunhas colmeas da súa propiedade.

Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de garda de Corcubión (A Coruña).Na actual campaña anti-incendios forestais do 2017, un total de 47 persoas foron detidas/investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

14 de xuño de 2017 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.