A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal en Coles
Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Ourense informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Coles.
Os axentes da Policía Autonómica de Ourense procederon á imputación dun home como presunto autor dun incendio ocorrido o pasado 9 de xuño, no lugar de Fontao, parroquia de Melias.
O lume afectou a unha superficie de monte arborado e raso de 0,03 hectáreas, e produciuse cando o investigado realizaba unha queima de restos forestais sen gardar as debidas precaucións, aínda que si contaba co permiso correspondente. Foi necesaria a intervención dos efectivos do servizo contra incendios da Xunta de Galicia. Polos feitos descritos, tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de garda número 1 de Ourense.
Na actual campaña anti-incendios forestais do 2017, un total de 46 persoas foron detidas/investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.