publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal en Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura da Coruña informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Carballo.

Os axentes da Policía Autonómica da Coruña procederon á imputación dunha muller como presunta autora dun incendio ocorrido o pasado 3 de xuño, na parroquia de Sofán, no concello de Carballo.

O lume afectou a unha superficie de monte raso de 0,63 hectáreas, e produciuse cando a investigada realizaba unha queima sen gardar as debidas precaucións, aínda que si contaba co permiso correspondente. Polos feitos descritos, tramitáronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Carballo

Na actual campaña anti-incendios forestais do 2017, un total de 45 persoas foron detidas/investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

12 de xuño de 2017 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.