publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación mellorou en Lourenzá o Camiño A e a única vía á Pontenova e Riotorto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLourenzáLugo
A-
A+

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, supervisaron este luns os derradeiros traballos de mellora en máis de 6 quilómetros de dúas das principais vías de comunicación deste municipio. Son a LU-P-2801, de Santo Tomé, por Santo Adriano e Augasoxa a Mazo; e o Camiño A, que vai do Zapateiro a Santo Adriano. O Goberno Provincial investiu 465.000 euros no arranxo de máis de 6 quilómetros destas vías, que están conectadas, beneficiando directamente a milleiros de veciños da Mariña.

Campos Conde e López García explicaron que a LU-P-2801 é a única vía que conecta Lourenzá con Riotorto e A Pontenova polo que centos de veciños destes 3 municipios, que contan con máis de 5.000 habitantes, a empregan a cotío. Ademais, esta estrada provincial desemboca no Camiño A, que é a vía municipal que conecta coas parroquias laurentinas San Xurxo, Santo Tomé e Santo Adriano, nas que viven 1.000 familias. “Con estas actuacións beneficiamos a milleiros de veciños da Mariña”, subliñou o Presidente.

As obras na LU-P-2801, dotadas de 268.000 euros, consistiron na mellora do firme con aglomerado en quente, no incremento da sinalización e na limpeza de cunetas. As actuacións leváronse a cabo en 3,3 quilómetros, dende o punto quilométrico 2.900 ao 6.225. Trátase do treito que chega á parroquia de Santo Adriano.

Os traballos no coñecido como Camiño A, dotados de 197.300 euros, tamén consistiron na mellora do firme con aglomerado en quente, incremento da sinalización e limpeza de cunetas. Realizáronse en 3 quilómetros, que discorren por 3 das 4 parroquias de Lourenzá, que son San Xurxo, Santo Tomé e Santo Adriano.

19 de xuño de 2017 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.