publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Pontevedra destina a Mos un investimento de 30.000 euros para o subministro de cadros eléctricos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMosPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través dunha Resolución presidencial, a última achega ao Concello de Mos ao abeiro do “Plan Concellos 2017″. Con esta nova axuda da institución provincial, que ascende a un total de 32.851 euros, o Concello poderá financiar dez cadros eléctricos instalados en diversos puntos do Concello de Mos, que actualmente se atopan en moi mal estado de conservación e mantemento.

Ademais, anteriormente a institución provincial xa destinara ao Concello de Mos 665.056,38 euros en liña 1 destinados a varios investimentos: a substitución do céspede artificial do campo de fútbol do Torrón, a estabilización do terraplén no viario de Generoso Domínguez, a humanización da avenida de Puxeiros, a rehabilitación de firmes e mellora da seguridade viaria de distintos viarios nas parroquias de Dornelas, Torroso e Mos e, para o subministro de andeis de plataforma móbil para o arquivo municipal e para o subministro de 46 sinais de parada de autobús. Ademais, outros 140.891,76 euros en liña 2 para o financiamento de gasto corrente relativo ao servizo de recollida e transporte dos residuos sólidos e limpeza viaria e, na liña 3 de Emprego, outros 100.479,20 euros para a creación de 5 postos de emprego nos diversos servizos municipais do concello.

Coa suma desta nova achega, a porcentaxe de adxudicación do “Plan Concellos 2017″ da Deputación de Pontevedra en Mos xa chega ao 100 % cun total de 938.278,39 euros.

26 de xuño de 2017 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.