publicidade hoxe

A Deputación de Lugo renova o seu compromiso coas XI Xornadas Xurídicas de Sarria con 6.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoSarria
A-
A+

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, presentaron este mércores no salón de actos do Pazo de San Marcos a XI edición das Xornadas Xurídicas de Sarria Román García Varela, que nesta ocasión versarán sobre as patentes. No acto tamén participou o Secretario do Colexio de Avogados de Lugo, José Ramón Varela Puga. O Goberno Provincial colabora con esta iniciativa dende a súa primeira edición cunha achega de 6.000 euros, así como a través da TIC, que gravará as xornadas para seren promocionadas e difundidas a través das redes sociais.

O Presidente destacou que “renovamos a nosa colaboración dende a primeira edición da celebración deste evento, pois consideramos que converten a Sarria, e polo tanto á provincia, na capital xurídica do Estado. As Xornadas Xurídicas son un dos acontecementos formativos máis importante no ámbito do dereito, tanto polos temas que se tratan como polo nivel dos poñentes. É por iso que sempre ofrecemos a nosa axuda, pois somos conscientes das grandes oportunidades que este evento leva consigo para Lugo”.

“Trátase dun escaparate único para dar a coñecer a nosa provincia porque recibiremos a visita de centos de persoas que non queren perder esta oportunidade única, e que aproveitan a súa estancia en Sarria para coñecer os nosos extraordinarios recursos naturais, culturais e gastronómicos, o que implica a xeración de riqueza e o impulso da economía local”.

A Alcaldesa de Sarria agradeceu a colaboración do organismo provincial “sen a que non sería posible a celebración das Xornadas que é un dos eventos máis importantes para o noso Concello”. O Secretario do Colexio de Avogados de Lugo destacou “a calidade dos poñentes que van intervir nestas xornadas, pois son garantía de éxito”.

Programación das xornadas

Os vindeiros días 16 e 17 de xuño o Concello sarriá converterase, un ano máis, na capital xurídica do estado pois nas xornadas participarán profesionais de prestixio de todo o país para afondar sobre o dereito de patentes.

Venres, 16 de xuño

10:00 horas: Apertura oficial das xornadas a cargo do Presidente da Deputación, Darío Campos Conde; do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; da Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez; do Catedrático en Dereito Mercantil da UCM, Carlos Lema Devesa; e do letrado da Administración de Xustiza, Román García Varela-Iglesias.

11:00 horas: Poñencia inaugural Las nuevas leyes de patentes, a cargo do Catedrático de Dereito Mercantil da USC, José Antonio Gómez Segade.

11:30 horas: Mesa redonda sobre Patentes Europeas e Patentes Españolas. Na que moderará o Expresidente do Tribunal Constitucional, Pascual Sala Sánchez. De seguido, haberá outras dúas ponencias, Los requisitos de patentabilidad, a cargo do Catedrático en Dereito Mercantil da USC, Manuel Botana Agra; e El procedimiento de concesión de patentes, a cargo da Xefa da Área Xurídica Patente Europea, Raquel Sampedro Calle.

12:30 horas: Las patentes universitarias, a cargo do Catedrático en Dereito Mercantil da UVigo, Anxo Tato Plaza; e Medidas cautelares en materia de patentes, a cargo do Presidente da Audiencia Nacional de Lugo, José Antonio Varela Agrelo.

17:00 horas: Mesa Redonda sobre Funcionamento de los organismos y Tribunales en materia de Patentes, a cargo do Maxistrado do Tribunal Constitucional, Juan Xiol Ríos. De seguido, haberá 3 ponencias máis, La OMPI y el derecho de patentes, a cargo do Director da División de Dereito de Patentes; Marco Alemán; La OEPM y las patentes, a cargo da Directora Xeral da OEPM; Patricia García-Esudero Márquez; e Aspectos procesales de las patentes, a cargo do Presidente da Audiencia Provincial da Coruña; José Luís Seoane Spielgelberg.

Sábado, 17 de xuño

10:00 horas: Mesa Redonda sobre Las Patentes en Galicia, a cargo do Maxistrado da Sala Segunda do Tribunal Supremo, José Ramón Soriano Soriano. Haberá tamén dúas poñencias, La Xunta y las Patentes; a cargo do Xefe do SEGAPI, Antonio Rodríguez Rodríguez; e Galicia y las patentes, a cargo do Catedrático en Dereito Mercantil da UCM, Carlos Lama Devesa.
12:45 horas: Clausura a cargo do Presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Becaria e do Ministro de Xustiza, Rafael Catalá Polo.

7 de xuño de 2017 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.