publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Lugo impulsou en Antas de Ulla as comunicacions, os servizos sociais e o emprego con 350.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAntas de UllaLugo
A-
A+

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela Pérez, informou este xoves sobre o investimento que o Goberno Provincial levou a este Concello a través da execución do Orzamento 2016. Foron máis de 350.000 euros para o impulso das comunicacións, dos servizos sociais e do emprego, principalmente, en beneficio dos 2.000 veciños deste municipio da Comarca da Ulloa.

Campos e Varela, acompañados de veciños, comprobaron o resultado dos traballos executados na rúa Xeneral Portomeñe. Consistiron na mellora do alumeado público coa dotación de 19 novos puntos de luz de baixo consumo. Estes traballos contaron con 20.000 euros, que achegou o Goberno da Deputación.

Tamén supervisaron as obras de pavimentación de vías en Carreiros, na parroquia de Dorra, concretamente, na estrada de San Martiño a Vilapoupe, para ás que o Executivo Provincial achegou preto de 46.000 euros, pois estas actuacións benefician, directamente, aos 150 veciños da zona.

Outros 146.000 euros, financiados tamén ao 100% polo Goberno da Deputación, foron para o arranxo con aglomerado en quente de vías municipais en Outeiro de Amoexa, O Castro, Dorra, camiño do Muíño de Varela, Bertosende e Quintela, así como das rúas Tras as Casas, Rúa do Cura e Rúa Nova. Trátanse de obras demandadas polas veciños e que benefician, practicamente, aos 2.000 habitante de Antas de Ulla.

Aglomeradas todas as estradas provinciais do casco urbano

O Executivo da Deputación arranxou coa execución do orzamento de 2016 a LU-P-1809. É a única vía que une directamente Antas de Ulla con Chantada e Taboada, ademais de ser tamén a única que conecta a capitalidade con núcleos poboacionais do municipio, como o de Regadio. Con estas actuacións, o Goberno Provincial rematou co aglomerado en quente de todas as vías da Deputación que discorren pola casco urbano deste Concello. Tamén mellorou a LU-P-0304. Todo isto con 56.000 euros.

Emprego e servizos sociais

Co DepuEmprego, o Goberno da Deputación financiou con case 40.000 euros a contratación de 5 novos traballadores en Antas de Ulla, que reforzan os servizos públicos municipais. Con outros 25.000 euros, o Executivo Provincial asumiu a atención profesional que necesitan 41 maiores deste municipio, aos que non atende a Xunta de Galicia por non telos catalogados como dependentes. O Goberno da Deputación faino co Servizo a Domicilio a non dependentes, ofrecendo neste municipio 5.000 horas de atención profesional, así como coa Teleasistencia gratuíta.

22 de xuño de 2017 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.