publicidade hoxe

A Delegación Territorial de Lugo acolleu a presentación do Campionato de España de Motonáutica por Radiocontrol que se celebra esta fin de semana en Cervo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCervoDeportesDeportes PortadaLocal PortadaLugo
A-
A+
Presentación do Campionato de España de Motonáutica por Radiocontrol Térmico

Presentación do Campionato de España de Motonáutica por Radiocontrol Térmico

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación do Campionato de España de Motonáutica por Radiocontrol Térmico, que se celebrará no encoro do Río Cobo, en Cervo, esta fin de semana, en concreto os próximos sábado 24 e domingo 25 de xuño.

Na presentación participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro, que actuou como anfitrión; o concelleiro de Deportes de Cervo, José Soto; o delegado provincial da Federación Galega de Radiocontrol Térmico, José Soto; e Emilio Cadaveira piloto e membro tamén da Federación de Radiocontrol Térmico.

Está a prevista a participación de 32 pilotos procedentes de toda a xeografía española e máis de 70 embarcacións náuticas que competirán nas distintas categorías. Os tres mellores pilotos da proba participarán ademais no Campionato do Mundo que se celebrará en Francia o vindeiro ano.

As lanchas, unha auténtica xoia da enxeñería náutica a pequena escala, teñen unha lonxitude aproximada de 1,20 metros e chegan a acadar os 120 km/hora. Os participantes deben posuír a licenza de piloto.

O delegado territorial da Xunta, puxo de relevo que acoller este campionato contribúe á proxección turística da Mariña en toda España, ofrecendo un espectáculo deportivo de enorme atractivo para mozos e maiores e nun contorno excepcional como é o encoro de Río Cobo, dando así a coñecer un dos recunchos da comarca máis fermosos pero aínda non moi coñecido.

22 de xuño de 2017 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.