publicidade hoxe

A Consellería do Mar lidera un seminario sobre o impacto da prohibición dos descartes pesqueiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Intervención de Mercedes Rodríguez no seminario

Intervención de Mercedes Rodríguez no seminario

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, participou esta mañá na inauguración do seminario ‘Descartes e obriga de desembarque: obxectivo loable, practica inviable?’, un evento da Comisión do Arco Atlántico liderado por Galicia que se celebra hoxe e mañá no Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, en Vigo.

Na inauguración do encontro, organizado polo Grupo de Pesca e Acuicultura do ente europeo, a directora xeral explicou que para Galicia é unha honra acoller este seminario no que participan as rexións con maior interese pesqueiro de Europa, como Pays de la Loire e Bretaña e comunidades autónomas como Andalucía e Asturias. Mercedes Rodríguez sinalou que no seminario se poñerán en común os coñecementos e preocupacións que existen en relación coa prohibición dos descartes en todas as rexións do Arco Atlántico.

26 de xuño de 2017 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.