publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta, Renfe e Concellos crearán un grupo de traballo para adaptar ás necesidades dos usuarios os horarios da liña de Feve Ferrol-Ribadeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAresAs SomozasBarreirosBurelaCariñoCedeiraCerdidoCervoFeneFerrolFozGaliciaLocal PortadaLugoMañónMoecheMugardosNarónNedaO VicedoOrtigueiraPortada esquerdaRibadeoSan SadurniñoValdoviñoViveiroXove
A-
A+
Ethel Vázquez na reunión con representantes dos concellos de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña

Ethel Vázquez na reunión con representantes dos concellos de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña

A Xunta, Renfe e os concellos das comarcas de Ferrrolterra, Ortegal e A Mariña crearán un grupo de traballo para abordar unha mellor adaptación dos horarios da liña de Feve entre Ferrol e RIbadeo ás necesidades dos usuarios. Así se acordou na xuntanza que esta mañá mantiveron nas dependencias da Administración autonómica en Ferrol, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, o delegado provincial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, co director xeral de Renfe Viajeros, Ramón Azuara, e representantes dun grupo de municipios desas comarcas, co obxectivo de analizar as necesidades da liña de ferrocarril.

Na xuntanza, o representante de Renfe informou da recente adopción de medidas que afectan a ese servizo ferroviario e que teñen por finalidade acadar unha mellora organizativa, centralizada en Galicia, así como o reforzo do persoal e do material rodante. Detallou que a liña de Feve Ferrol-Ribadeo contará con máis maquinistas e con dous trens máis, que se incorporarán a de finais de xuño, coa obxectivo de garantir o correcto funcionamento servizo ferroviario sen incidencias.

Ethel Vázquez asegurou que a Xunta ten o máximo interese en que os veciños das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña teñan acceso a un servizo ferroviario de calidade que, ademais, se adecúe ás súas necesidades de mobilidade. Nese sentido, salientou que o Goberno galego trasladou de forma reiterada ao Ministerio de Fomento a súa preocupación polos incidentes rexistrados nos úlitmos tempos.

A titular de Infraestruturas salientou que a Xunta é consciente do esforzo do Goberno do Estado pola modernización do ferrocarril da nosa Comundiade, pero precisou que estas melloras deben facerse extensivas e chegar tamén á liña de tren do norte de Galicia que une e comunica Ferrol con Ribadeo.

A conselleira manifestou a total disposición da Xunta a colaborar con todos os axentes implicados para que os veciños de Ferrol, Ortegal e A Mariña poidan dispoñer dun transporte ferroviario atractivo e competitivo.

Servizos de autobús garantidos e reforzados

Por outra parte, Ethel Vázquez aproveitou esta reunión cos alcaldes da zona norte para abordar o proceso de reordenación e modernización do transporte público de viaxeiros que está a impulsar o Goberno galego. Neste sentido, aclarou que se trata de modificacións contractuais coas empresas que, en ningún caso, implicarán perda de servizos aos usuarios, senón que cambiarán os prestatarios.

Explicou que o Executivo autonómico está a traballar nun proceso de novas adxudicacións para poñer en marcha novos contratos coas empresas para que os novos servizos estean a punto e funcionando ao remate dos contratos actuais. Este procedemento non só garante o servizo de transporte aos usuarios, senón que ofrece unha oportunidade para amplialo e melloralo, para que sexa máis eficiente e responda mellor ás necesidades de mobilidade dos galegos, fundamentalmente no rural.

Vázquez indicou que o servizo público de transporte interurbano seguirase prestando con normalidade e reforzado aos cidadáns a partir de agosto, xa que os usuarios continuarán dispoñendo dos servizos actuais pero, a maiores, contarán con outros servizos novos, con máis vantaxes e máis oportunidades para cubrir os seus desprazamentos cotiás.

Para iso, a Xunta está estudando novas fórmulas, o aproveitamento de sinerxías como pode ser, por exemplo, a integración do transporte escolar, que ten unha maior presenza no rural e, polo tanto, poderá ser aproveitado para garantir mellores servizos.

Nese sentido, a conselleira convidou aos concellos a reforzar esa oferta de servizos de transporte aos seus veciños poñendo en marcha liñas municipais, de especial interese para os habitantes do rural.

8 de maio de 2017 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.