publicidade hoxe

Xunta e Concello de Ourense colaboran nas melloras da sede da Policía Local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda visitou hoxe a sede da Policía Local da cidade das Burgas, acompañado polo alcalde, Jesús Vázquez, onde indicou que a Xunta e o concello de Ourense seguirán colaborando en servizos fundamentais para os cidadáns, coma neste caso, en levar a cabo melloras na sede da Policía Local da cidade.

Alfonso Rueda,que estivo tamén acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, destacou a importancia da colaboración entre Administracións, como ocorre co concello de Ourense, que repercuten directamente en poder ofrecer máis e mellores servizos aos ourensáns, cunha frutífera colaboración, que nos últimos anos se ten reflectido na posta en marcha do edificio xudicial, cedido polo concello e executado pola Xunta; na continua colaboración no Centro de Información á Muller; ou nas obras de rehabilitación da casa do concello, nas que tamén a Xunta ten feito un importante investimento para colaborar en varias melloras.

Desta volta, a Xunta colaborará co concello na mellora da eficiencia enerxética do edificio, facendo que, os que son o primeiro chanzo da seguridade nos nosos concellos, poidan levar a cabo o seu traballo e atender aos cidadáns nas mellores condicións.

30 de maio de 2017 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.