publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha ducia de equipos participarán no III Torneo de Fútbol 8 “Ourense, a provincia termal”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaOurense
A-
A+
Presentación do torneo de fútbol 8

Presentación do torneo de fútbol 8

A terceira edición do Torneo de Fútbol 8 “Ourense, a provincia termal”, edición especial “Raia Termal” de categoría alevín, reunirá a doce equipos procedentes de Galicia, de diferentes puntos de España e do Norte de Portugal, que durante os días 19, 20 e 21 de maio disputarán esta competición no Estadio do Couto. A presentación deste evento deportivo tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o director xeral do Torneo, Javier Caldas “Butra”; o asesor da Escola Deportiva de Ourense, Juan Antonio Pereira; e o concelleiro de Deportes de Ourense e Xefe do servizo de Deportes da Xunta, Mario Guede.

Este torneo, organizado pola Deputación de Ourense e a Escola Deportiva de Ourense, nace coa idea de “promover conxuntamente o deporte, a saúde, o termalismo e a familia, co obxectivo de converter á provincia de Ourense en referente dos torneos de fútbol oito a nivel nacional posto que, Ourense, reúne todas as condicións necesarias para dar unha boa acollida aos participantes e as súas familias”, dixo o vicepresidente da Deputación de Ourense.

Javier Caldas explicou os aspectos técnicos desta competición que distribúe aos “doce equipos en catro grupos de tres nunha edición especial, ao dar un salto máis no progreso deste torneo abríndoo a nivel internacional coa participación do equipo portugués, o Sporting Braga”.

Pola súa parte, Mario Guede dixo que este torneo é “unha competición moi atractiva na que participan equipos de alto nivel na categoría alevín”, mentres que Juan Antonio Pereira fixo fincapé na importancia de que “os rapaces gocen neste evento deportivo no que esperamos que Ourense logre unha boa posición”.

O torneo consta de dúas fases, unha fase previa inicial, dirixida aos equipos da categoría alevín da provincia de Ourense e, dunha fase final, na que participarán equipos de fútbol a nivel nacional. “O campión da fase previa estaba directamente invitado a participar nesta fase final con estes equipos de renome, gañando esa praza o Ourense C.F.”, asegurou o director do torneo.

A fase final da competición arrancará o venres, 19 de maio, nesta xornada participarán os cinco equipos galegos e o equipo internacional: Ourense C.F., R.C. Celta de Vigo, R.C.D. A Coruña, E.D. Ourense, C.D. Lugo e o Sporting Braga. O sábado, 20 de maio, será a quenda para os seis equipos que veñen do territorio nacional: Atlético de Madrid C.F., Real Valladolid C.F., UD Almería, SD Eibar, Málaga CF e Athletic Club de Bilbao,”o sistema de competición é de todos contra todos no grupo, xogan dous partidos, e os dous primeiros de cada grupo clasifícanse para os cuartos de final”. Os partidos de ambos días comezarán ás 16.00 horas.

O domingo, 21 de maio, os cuartos de final comezarán a partir das 9.00 horas e as semifinais serán ás 11.40 horas e ás 12.20 horas, sendo a final desta terceira edición do Torneo de Fútbol 8 “Ourense, a provincia termal”, ás 14.30 horas. “A normativa da competición é de dous tempos de 15 minutos e dous partidos por día cada equipo e o último día tres partidos, con plantillas de 15 xogadores cada un”, explicou Javier Caldas.

18 de maio de 2017 | 16:57 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario