publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Román Rodríguez presenta o proxecto da Biblioteca e Arquivo de Galicia ao presidente da Academia Argentina de Letras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorPortada dereita
A-
A+
Román Rodríguez no encontro co presidente da Academia Arxentina de Letras

Román Rodríguez no encontro co presidente da Academia Arxentina de Letras

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, vén de manter un encontro en Bos Aires co presidente da Academia Arxentina de Letras, José Luis Moure, no que lle deu a coñecer a actividade da Biblioteca e Arquivo de Galicia, da Cidade da Cultura, como institución destinada a preservar a memoria bibliográfica e documental dos galegos.

Durante a entrevista, ao que tamén asistiu o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, José Luis Moure mostrou o seu interese nesta institución e trasladou ao conselleiro a súa vontade de colaboración, destacando os lazos históricos e culturais que unen Galicia e Arxentina. A modo de obsequio simbólico, o presidente da Academia entregou ao conselleiro un exemplar do Diccionario del Habla de los Argentinos para ser depositado na Biblioteca de Galicia. A reunión celébrase no marco da viaxe institucional que o titular de Cultura e Educación do Goberno galego realiza estes días en Arxentina. Precisamente coa Academia de las Letras deste país, a Xunta organiza un certame literario dirixido a estudantes para afondar no coñecemento de Galicia.

9 de maio de 2017 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.