publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio forestal en Muros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMurosPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Santiago de Compostela informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Muros, unha actuación que se realizou en colaboración cos axentes do distrito forestal de Fisterra.

O lume tivo lugar o pasado 23 de abril, na parroquia de Serres, no concello de Muros, e afectou unha superficie rasa de 0,02 hectáreas. O lume produciuse polo escape dunha queima realizada polas dúas persoas investigadas, e na que non se adoptaron as precaucións estipuladas na normativa.

Foron tramitadas dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda en Muros. No que vai de ano, son 40 as persoas detidas/investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

30 de maio de 2017 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.