publicidade hoxe

Ovidio Rodeiro mantivo un encontro de traballo coa directiva do polígono industrial da Tomada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA Pobra do Caramiñal
A-
A+
Ovidio Rodeiro na reunión cos empresarios do parque empresarial da Tomada

Ovidio Rodeiro na reunión cos empresarios do parque empresarial da Tomada

O parque empresarial da Tomada, na Pobra do Caramiñal, é uno dos dez polígonos industriais da provincia que disporán a partires de este ano de acceso a redes de ata 350 mbps grazas ao Plan de banda larga da Xunta e o operador galego R. O Plan, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), xa activou o servizo noutras seis superficies da provincia en 2016 e chegará a outras nove en 2018. No caso da Pobra de Caramiñal está previsto que a conexión se produza á volta do verán, segundo lle trasladou o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, ao presidente da Asociación de Empresas do Polígono da Tomada, Manuel Durán, durante a reunión de traballo que mantiveron esta mañá.

A operadora R pon a disposición das empresas a tecnoloxía necesaria para que poidan acometer a súa transformación dixital. Nesta liña están os servizos e solucións na nube como a videoconferencia ou a posibilidade de usar os seus equipamentos e o software como servizo pagando só polo uso que deles fan, sen necesidade de investir. Así mesmo, actualmente está aberta unha convocatoria de axudas dirixidas a empresas e autónomos situados en zonas illadas do rural galego para a dotación do servizo de banda larga ultrarrápida de cando menos 30 megas. O prazo para a solicitude destas axudas remata o día 11 de maio.

Estas actuacións forman parte do Plan de Banda Larga de Galicia 2020, aprobado o 1 de outubro de 2015 no Consello da Xunta, que asume os obxectivos establecidos na Axenda Dixital para Europa de garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 30 mbps para a totalidade da poboación e impulsar a contratación nos fogares de servizos de banda larga por riba dos 100 mbps.

Outro dos asuntos polos que se interesou o delegado territorial é o estado das obras de construción da escola infantil promovida pola Asociación de Empresas do Polígono da Tomada, e que conta cunha achega de 200.000 euros por parte da Consellería de Política Social. O centro educativo levantarase nunha parcela de 2.200 metros cadrados cedida polo Concello e terá unha superficie construída de 250 metros cadrados. Constará de tres unidades didácticas, con un total de 41 prazas para nenos de idades comprendidas entre os 0 e os 3 anos. Aínda que a gardería instálese no parque industrial, tratarase dun servizo aberto a todos os cidadáns.

4 de maio de 2017 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.