publicidade hoxe

Os primeiros traballadores dos xulgados comezan a súa actividade nas dependencias da antiga Fábrica de Tabacos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá aos traballadores do Xulgado de Vixilancia Penal, que ocupan xa as dependencias da nova sede xudicial da antiga Fábrica de Tabacos. Estes traballadores convértense nos primeiros en trasladar as súas tarefas ao emblemático edificio da Palloza. a semana que vén tocaralle a quenda á Fiscalía Provincial.

Ovidio Rodeiro explicou que “logo será a quenda da Sección Terceira da Audiencia Provincial, en torno ao 12 e 13 de xuño, seguido da Sección Primeira da Audiencia que rematará o seu traslado para mediados de xuño”. O resto da organismos da Audiencia Provincial, a Oficina de Rexistro e Repartición e o Xulgado de Menores recolocaranse tamén en xuño. “No prazo dun mes Tabacos debería estar plenamente operativo”, adiantou o delegado.

Na segunda fase trasladaranse os órganos que se atopan no edificio Proa ao espazo liberado da Audiencia Provincial: o Imelga e os xulgados mercantís e os contencioso-administrativos, así nos meses de xuño e xullo está previsto que finalice o último movemento, o da sala de vistas Proa 3. A Xunta mantén o compromiso que adoptou desde o principio e executará as obras necesarias, e pactadas con representantes sindicais, para adecuar as instalacións da Audiencia aos novos usos.

30 de maio de 2017 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.