publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O goberno de Feijóo aposta polas unidades mixtas de investigación cunha nova edición que mobilizará 17 millóns e xerará 60 empregos cualificados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Rolda de prensa do titular da Xunta.

Rolda de prensa do titular da Xunta.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na rolda de prensa posterior ao Consello, o reforzo da aposta polas Unidades Mixtas de Investigación cunha nova edición que, cunha achega de 5 millóns de euros, mobilizará 17 millóns en investimentos e xerará 60 empregos cualificados. Deste xeito, cada euro público destinado ás unidades mixtas activará 2,4 euros privados.

Feijóo salientou que a Xunta sigue traballando dentro dos obxectivos da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3, na que se encadrará o traballo destas entidades, aliñado coas prioridades estratéxicas da nosa economía.

Máis polo miúdo, explicou que cada unidade terá que ter unha duración mínima de tres anos. Estas deberanse compoñer, con carácter xeral, por unha única empresa e un organismo de investigación que sexa galego ou teña un centro de traballo na comunidade. Así mesmo, as Unidades Mixtas de Investigación terán que ter entidade física propia, persoal da empresa destinado nas súas dependencias e un orzamento mínimo de 2 millóns de euros. O centro e a empresa participarán de maneira conxunta dos resultados, polo que as unidades activarán a posta en valor dese coñecemento no mercado.

Feijóo lembrou que con esta iniciativa a Xunta puxo en marcha nos últimos tres anos 24 proxectos conxuntos entre grandes empresas e centros de coñecemento para dinamizar iniciativas innovadoras de vangarda, impulsar a competitividade do tecido empresarial e xeral empregos cualificados. Sumando as tres últimas edicións deste programa, cun apoio de 23 millóns de euros lográronse mobilizar 84 millóns e crear máis de 360 empregos de alta cualificación.

18 de maio de 2017 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.