publicidade hoxe

O centro de maiores de Xunta no Concello de Taboadela festexa o centenario da usuaria Jesusa Ramos Borrajo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTaboadela
A-
A+
Perfecto Rodríguez no aniversario de Jesusa Ramos Borrajo

Perfecto Rodríguez no aniversario de Jesusa Ramos Borrajo

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, Perfecto Rodríguez, acompañado polo tenente de alcalde de Taboadela, Juan Manuel Guede Fidalgo, visitou onte o centro de maiores desa localidade e asistiu á celebración do 100 aniversario de Jesusa Ramos Borrajo, veciña de Pazos de Rabeda, parroquia dese concello ourensán, e usuaria da infraestrutura de titularidade autonómica.

O responsable do Consorcio, que subliñou o importante papel que cumpren este tipo de centros en prol do envellecemento activo e da autonomía persoal, así como na prevención da dependencia, felicitou á homenaxeada e entregoulle un agasallo e un ramo de flores en nome da Xunta de Galicia.

As instalacións de Taboadela ofertan un total de 42 prazas: 20 de centro de día e 22 de fogar residencial, cunha ocupación neste momento de 25 usuarios -13 e 12, en cada un deses dous servizos- e con 19 profesionais (entre eles, 11 xerocultoras) ao seu servizo.

No conxunto da comunidade autónoma, a Xunta oferta a día de hoxe un total de 10.012 prazas en centros residenciais e de día para maiores xestionados directamente pola administración galega ou sostidos con cartos públicos.

Durante o ano 2016, o Consorcio levou a cabo obras de mellora no centro de maiores de Taboadela que supuxeron un investimento de 59.971,87 euros, o que permitiu realizar un cambio na súa cuberta e a impermeabilización dos 15 aseos da residencia.

3 de maio de 2017 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.