publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Nova convocatoria do programa Galicia Inviste para impulsar a competitividade de 150 pemes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Reunión do Consello da Xunta

Reunión do Consello da Xunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a posta en marcha dunha nova convocatoria do programa Galicia Inviste que, cun orzamento de máis de 6 millóns de euros, mobilizará 44 millóns co obxectivo de impulsar a competitividade de 150 pemes. A axuda poderá apoiar investimentos en equipos produtivos ou en obra civil destinados á xeración de emprego.

Na rolda de prensa posterior ao Consello, Feijóo afirmou que con esta iniciativa, que apoia investimentos de entre 50.000 euros e 900.000 euros, compleméntase o programa de incentivos rexionais do Ministerio de Facenda, destinado a proxectos de máis de 900.000 euros. Cómpre salientar que ao abeiro da convocatoria anterior aprobáronse 48 proxectos empresariais e concedéronse dous millóns de euros en subvencións para mobilizar preto de 14 millóns de euros.

Durante a súa intervención, o presidente da Xunta subliñou que poderán optar ao Galicia Inviste pequenas e medianas empresas dos seguintes sectores: industrias extractivas, industria manufactureira, tratamento e eliminación de residuos, reparación de vehículos de motor e motocicletas, almacenamento e manipulación de mercadorías, hoteis e aloxamentos similares, tecnoloxías da información e comunicación e servizos técnicos.

O programa Galicia Inviste encádrase na aposta do Goberno galego por acompañar os autónomos e pemes no seu avance, tanto na Galicia urbana como na Galicia rural, para o que é necesario ofrecer un clima atractivo para investir. Nese sentido, Alberto Núñez Feijóo lembrou outras accións que vén desenvolvendo a Xunta durante os últimos meses, como o Plan de acción para a captación de investimentos en Galicia ou a proposta na Comisión Galega de Cooperación Local dun acordo que facilite novos investimentos a través da supresión ou bonificación dos impostos municipais, a supresión de taxas, prezos públicos e contribucións especiais e a oferta de solo empresarial a un prezo competitivo.

18 de maio de 2017 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.