publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Nava Castro destaca a proxección internacional do Camiño de Santiago na presentación de ‘El Camino acaba en Obradoiro’

Presentación do proxecto "El camino acaba en Obradoiro"

Presentación do proxecto “El camino acaba en Obradoiro”

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro destacou hoxe na presentación da terceira edición do proxecto El Camino acaba en Obradoiro, a proxección internacional acadada polo Camiño de Santiago.

Esta iniciativa converterá ao lendario xogador de baloncesto Nikos Galis nun peregrino que percorrerá as cinco etapas que unen Ferrol con Santiago de Compostela, completando o último tramo do Camiño Inglés. Nikos Galis segue os pasos da experiencia vivida nas dúas primeiras edicións do proxecto por Terry Porter e Juan Antonio Corbalán.

Durante a presentación, que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, a directora de Turismo de Galicia destacou que o proxecto constitúe unha magnífica iniciativa, xa que comparte os valores do Camiño de Santiago e do fenómeno xacobeo cos do deporte e a solidaridade.

Nava Castro agradeceu ao Rio Natura Monbus Obradoiro “esta fantástica acción que está a contribuír na promoción internacional do principal recurso turístico e cultural de Galicia”.

A responsable de Turismo da Xunta sinalou que o Camiño de Santiago converteuse no principal elemento captador de turismo internacional.

Cifras récord

Neste senso, sinalou que dos máis de 50.000 peregrinos que chegaron xa este ano a Comportela o 60% foron estranxeiros o que, segundo afirmou, mostra a gran capacidade do Camiño para atraer visitantes de todo o mundo.

Nava Castro concluíu asegurando que a Ruta Xacobea é un fenómeno en pleno auxe que posiciona e identifica a marca Galicia no mundo.

16 de maio de 2017 | 17:15 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario