publicidade hoxe

Medio Ambiente inicia en maio as obras de renovación da rede de abastecemento de Baamonde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBegonte
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio iniciará a mediados deste mesmo mes as obras de renovación da rede de abastecemento de Baamonde, no concello de Begonte. O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar o anuncio polo que se lle dá publicidade á adxudicación por máis de 240.000 euros desta actuación en materia hidráulica á empresa Probisa Vías y Obras, S.L.U.

Na actualidade, a infraestrutura de abastecemento nesta zona de actuación consta dunha rede principal de distribución en ambas as marxes da estrada N-VI, con conexións secundarias nos viarios público de entidade local e no núcleo urbano de Baamonde, dando servizo así á poboación.

Ademais, nesta área existe unha alta porcentaxe de redes de distribución cuxa renovación é necesaria, a través da instalación de materiais de mellor calidade e da optimización do funcionamento e rendemento desta rede municipal.

Así, as obras que se levarán a cabo recolle a renovación das infraestruturas de abastecemento de auga potable nas parroquias de Baamonde e San Martiño de Pacios. Darán continuidade ás xa iniciadas hai catro anos pola Deputación provincial. Entre outras actuacións, renovarase a rede de distribución, realizaranse 16 conexións á rede de abastecemento existente, e repoñeranse as acometidas domiciliarias de abastecemento afectadas.

4 de maio de 2017 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.