publicidade hoxe

Marisol Díaz Mouteira reúnese co alcalde de Ramirás para analizar as demandas do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRamirás
A-
A+
Marisol Díaz na reunión co alcalde de Ramirás

Marisol Díaz na reunión co alcalde de Ramirás

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, achegouse hoxe ao concello ourensán de Ramirás e mantivo unha xuntanza co seu alcalde, Juan Carlos Rodríguez, para escoitar as necesidades deste municipio. A máxima representante do executivo autonómico en Ourense expresoulle ao rexedor “todo o apoio, diálogo e cooperación da Xunta” co fin de obter a coordinación necesaria coa Administración local para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas e mellorar súa calidade de vida.

4 de maio de 2017 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.