publicidade hoxe

Luis Menor participa no Consello Nacional de Protección Civil para avanzar na prevención e coordinación ante as emerxencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, participou hoxe en Rivas Vaciamadrid na constitución e primeira xuntanza da comisión permanente do Consello Nacional de Protección Civil. O acto, no que participaron todas as comunidades autónomas, estivo presidido polo director xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior, Juan Díaz.

Na xuntanza, informouse favorablemente o Plan de emerxencias exterior (PEE) do polígono da Grela-Bens. Ademais, tamén se deu o visto bo aos plans de emerxencia das presas das Guístolas e San Martín, situadas ambas na bacía do Miño-Sil.

Ademais, no transcurso da reunión, presentouse o estudo da avaliación da perigosidade de tsunamis nas costas españolas e a proposta de criterios para determinar a necesidade de elaboración de plans especiais fronte a este risco. O estudo será levado ao pleno do Consello na próxima convocatoria.

Xa para rematar, realizouse un balance da precampaña de incendio forestais e afondouse nos procedementos de solicitude de apoio ao Estado por parte das comunidades autónomas, así como nos mecanismos de colaboración entre aquelas comunidades fronteirizas que contan con convenios bilaterais, como é o caso de Galicia con Castela e León e Asturias.

11 de maio de 2017 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.