publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Galicia pon á disposición das empresas galegas de transformación de produtos pesqueiros 96 millóns de euros ata 2020

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreGaliciaLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
Rosa Quintana na visita á empresa Isidro de la Cal. Foto: M. Fuentes

Rosa Quintana na visita á empresa Isidro de la Cal. Foto: M. Fuentes

A Xunta porá a disposición das empresas galegas dedicadas á transformación e comercialización de produtos pesqueiros case 96 millóns de euros ata 2020. Así o adiantou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, nunha visita á empresa Isidro de la Cal, situada no concello coruñés de Cambre.

Durante a visita, na que estivo acompañada pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, a titular de Mar subliñou que as achegas serán financiadas a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e destinaranse a acadar maior valor engadido na venda dos produtos pesqueiros transformados.

Nesta liña, Rosa Quintana lembrou que desde o ano 2009 a Xunta destinou máis de 260 millóns de euros para modernizar a industria transformadora. Ao tempo, asegurou que dende o Goberno galego se vai continuar coa liña de traballo levada a cabo no eido da transformación e da comercialización, atendendo especialmente ás novas esixencias do mercado.

Así, a conselleira do Mar subliñou que se apoiará o avance da competitividade das empresas fomentando o aproveitamento de produtos de alta calidade dirixidos a mercados gourmet, a procura de valor engadido para os subprodutos da pesca e os descartes e reforzaranse as actividades de promoción dos produtos da pesca, do marisqueo e da acuicultura, co obxecto de manter a posición das empresas galegas nos mercados tradicionais e acceder a novos mercados.

Finalmente, Rosa Quintana enxalzou a adecuación de Isidro de la Cal ás novas demandas dos consumidores, apostando por produtos novidosos e con valor engadido. Así, puxo de exemplo a pranta de procesado de sushi posta en marcha por esta empresa, o que amosa a súa vontade de crecemento e expansión.

Isidro de la Cal

A empresa coruñesa Isidro de la Cal leva máis de 50 anos dedicándose á comercialización, distribución e transformación de produtos pesqueiros frescos e conxelados. O proxecto estrela desta firma foi a creación da pranta de procesado de sushi no 2016, a única que existe en España e que emprega a tecnoloxía máis punteira do sector.

2 de maio de 2017 | 16:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.