publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Feijóo constata que o plan hidrolóxico permitirá acadar o obxectivo de que o 98% das augas sexan de calidade óptima

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNegreiraPortada esquerda
A-
A+
O presidente da Xunta na visita á Edar de Negreira

O presidente da Xunta na visita á Edar de Negreira

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe que o plan hidrolóxico permitirá acadar en 2021 o obxectivo de que o 98% das augas sexan de calidade óptima e que no 2027 se alcance o cen por cento. Con esta finalidade, destacou que a Xunta destinará ata 2021 654 millóns de euros.

Durante unha visita ás obras executadas na Edar de Negreira, Feijóo afirmou que con esta infraestrutura se resolve a práctica totalidade das deficiencias que historicamente tivo a comarca da Barcala en materia de depuración das augas residuais, cunha capacidade de tratamento para 9500 habitantes.

“Estamos a falar en total duns traballos que inclúen a construción dun tanque de tormentas, a mellora da rede de saneamento e a edificación dunha nova Edar”, dixo, incidindo en que esta infraestrutura mellorará a calidade de vida dos veciños e a sustentabilidade da terra.

Así mesmo, afirmou que, cun investimento de 6,6 millóns de euros, esta obra é un claro exemplo do compromiso orzamentario que a Xunta está a facer para que o saneamento e o abastecemento das augas sexa unha realidade en toda Galicia.

Feijóo concluíu subliñando que este esforzo se estende tamén a toda a provincia da Coruña, cun investimento por parte da Xunta, “só na provincia”, de 315 millóns de euros en saneamento e depuración desde 2009.

O presidente do Goberno galego reiterou o compromiso da Xunta coa cooperación e o traballo conxunto entre administracións para seguir apostando polos servizos de calidade en todos os concellos.

29 de maio de 2017 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.