publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Detido o presunto autor de once incendios forestais no concello de Lobios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLobiosLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica informaron hoxe da detención dun home como presunto autor de once incendios forestais no concello ourensán de Lobios.

Axentes da Xefatura de Ourense procederon á imputación dun varón, como presunto autor de once incendios, sendo o derradeiro o pasado 27 de abril, na parroquia de Manín, no concello de Lobios. Das investigacións realizadas polos axentes, obsérvase que o modus operandi empregado era o de prender lume para limpar a maleza existente nos predios que lindan coas súas.

Dada a proximidade de todos os lumes ás fincas propiedade do presunto autor, así como as propias declaracións nas que confesou a autoría dos feitos, procédese á detención desta persoa, á quen se lle atribúen un total de once lumes forestais, na parroquia de Manín, concello de Lobios.

Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Bande. No que vai de ano, son 36 as persoas detidas/investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

8 de maio de 2017 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.