publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deteñen a un home en Ourense por incumprimento da orde de afastamento da súa exparella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurensePortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica de Ourense informaron hoxe da detención dun home polo incumprimento dunha orde de afastamento decretada pola autoridade xudicial.

Axentes do grupo Viogen, de Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Policía Autonómica de Ourense, procederon a detención do varón logo de comprobar que estaba vulnerando as medidas decretadas de forma reiterada. Polo tanto, estableceron un dispositivo para a súa localización, tras o que foi detido e posto a disposición xudicial.

Actualmente a Unidade Adscrita en Galicia ten asignada a protección dun total de 185 vítimas de Violencia de Xénero.

9 de maio de 2017 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.