publicidade hoxe

Corte de tráfico puntual na estrada LU-539, en Viveiro, para executar obras de mellora de seguridade viaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoViveiro
A-
A+

A Axencia Galega de Infraestruturas, dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, iniciou hoxe dúas actuacións de mellora da seguridade viaria en Viveiro, nas que investirá 47.000 euros. Para iso, dende hoxe e ata o xoves será necesario levar a cabo un corte parcial de tráfico no treito 0+300 ao 0+800, en sentido descendente, da estrada LU-539, que transcorre polo Concello de Viveiro.

Este corte terá unha duración de catro días e levarase a cabo en horario de 9.00 a 13.00 horas coa fin de manter a seguridade dos usuarios e dos traballadores.

Os traballos executaranse nesta zona para incrementar a seguridade dos usuarios do paseo peonil. O proxecto conta cun orzamento de 42.930 euros e afectará a un tramo de 150 metros de ámbito urbano, polo que se executará un petril estético, de tipo monorraíl e tubular fabricado en aceiro.

O obxectivo é ampliar os sistemas de protección para evitar que o impacto dun vehículo poida supoñer a caída a un nivel inferior por onde circulan os peóns ou ciclistas.

Por outra banda, e nun entorno próximo, concretamente na estrada LU-862, no núcleo de Covas, a Xunta actuará sobre o paso de peóns existente entre o cuartel da Garda Civil e o IES María Sarmiento.

Pasará a ser un paso sobreelevado para conseguir diminuír a velocidade de tránsito dos vehículos e mellorar a seguridade viaria dos peóns que cruzan a estrada. O custo aproximado das obras será de 4.000 euros.

O Goberno galego está a atender as demandas dos veciños de Viveiro, que reclamaban unha actuación para reducir os riscos neste puntos de moito tráfico e moi utilizados polos peóns.

2 de maio de 2017 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.