publicidade hoxe

Convócanse aos propietarios dos terreos afectados polas obras do terceiro treito da autovía do Morrazo para o pago das expropiacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoañaPontevedra
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) á resolución pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, con trámite de urxencia para a expropiación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de conversión en autovía o Corredor do Morrazo, concretamente, entre o enlace de Rande e o de Cangas, o chamado subtreito III, (7+300 ao 11+150) ao seu paso polo Concello de Moaña.

Esta actuación contará cun orzamento de máis de 18,2 millóns de euros e O Goberno galego levará a cabo os traballos de desdobramento do Corredor do Morrazo entre ditos puntos quilométricos. As obras terán un prazo de execución de 24 meses e para obter información máis detaiada no seguinte enlace: https://goo.gl/OMAfv7.

O Goberno galego prevee comezar os traballos antes do vindeiro verán, logo do levantamento das actas previas á ocupación dos terreos necesarios para a súa execución, previsto para o primeiro trimestre do ano. Así, a totalidade das obras de construción da Autovía do Morrazo estarán en execución en 2017.

Os cidadáns poderanse achegarse os vindeiros días, 25, 26, 29 e 30 de maio á Casa do Concello de Moaña en horario de 09.30 ás 13.00 horas. A orden de comparecencia a establece o orden alfabético dos apelidos dos beneficiados.

O treito ten unha lonxitude de 3,87 quilómetros, desde o enlace de Meira, no PK 7+300 do actual corredor, ata o 11+150 do mesmo, no primeiro enlace de Cangas (conexión coa VG-4.5). Neste enlace, ademais, completarase en sentido Alto da Portela a rehabilitación do firme no treito non afectado polo desdobramento, polo que a lonxitude total do tramo de actuación será de 4,16 km.

Ademais do desdobramento do tronco, estas obras suporán a remodelación parcial dos enlaces de Meira, no que se inicia a obra, e Moaña (coa PO-313, no PK 9+570);a duplicación do viaduto da Fraga, de 330 metros; a ampliación de dous pasos superiores e cinco pasos inferiores existentes; e a reposición dunha pasarela peonil metálica (PK 8+980, á altura de Broullón).

O documento desenvolve o trazado aprobado polo Goberno galego no ano 2013, que recolle, entre outros, axustes de deseño en planta e en alzado para minimizar os movementos de terras, compensando no posible o volume de desmonte co de terraplén. Con este obxectivo, neste treito, mantense a solución de alternancia do desdobramento pola marxe dereita e pola esquerda, buscando o maior aproveitamento posible da calzada existente. Desde xeito, acádase unha solución optimizada, máis equilibrada e de menor impacto, xa que consegue un mellor reaproveitamento dos materiais existentes e un menor impacto visual, todo elo mantendo a máxima funcionalidade.

A Autovía do Morrazo é a infraestrutura viaria con maior dotación orzamentaria da Xunta en 2017 (22 millóns de euros) e supón un investimento total de 55 millóns de euros.

2 de maio de 2017 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.