publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Clausúrase o OOEE Hostalería Verdugo que ofreceu formación e traballo a 28 persoas desempregadas de Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+
Clausura do obradoiro

Clausura do obradoiro

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, clausurou esta mañá na Escola Obradoiro Luís Seoane o Obradoiro de Emprego Hostalería Verdugo, que ofreceu formación e traballo a 28 persoas desempregadas do municipio durante os últimos 6 meses.

Este programa mixto de formación e emprego centrouse na realización de obras e prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitaron un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibiron formación específica que lles pode permitir o inicio dos seus propios proxectos.

No caso concreto de Soutomaior, o obradoiro formou a 28 alumnos e alumnas nas especialidades de operacións básicas de cociña e servizos de restaurante e bar durante os últimos 6 meses onde ademais de recibir formación tamén percibiron o salario mínimo interprofesional.

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde, Agustín Reguera, participaron esta mañá na clausura. O representante da Administración autonómica na área felicitou aos alumnos e alumnas así coma ao persoal a cargo do curso, que estivo formado por un director, un titor, dous docentes e unha persoa administrativa de apoio. O delegado lembrou que estas iniciativas mixtas de formación e emprego forman parte da Axenda 20 para o Emprego, coa que o Goberno galego está incrementando as oportunidades laborais dos galegos, e que ten por obxecto mellorar a empregabilidade dos desempregados mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral ou social que lles posibilite a realización dun traballo.

Ademais, a convocatoria deste ano –que xa saíu publicada no DOG- inclúe diversas novidades como a ampliación da duración dos obradoiros ata os 9 meses ademais de ter preferencia os beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia, as mulleres, en xeral, e as vítimas de violencia de xénero, os parados de longa duración, os maiores de 45 anos, aqueles alumnos que carecen de títulos universitarios ou de FP de grao superior e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

30 de maio de 2017 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.