publicidade hoxe

Arabia Saudí interésase polo sistema de xestión de residuos en Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

Representantes do Goberno de Arabia Saudí interesáronse polo sistema de xestión de residuos da Xunta de Galicia. A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Cimático, Cruz Ferreira Costa, saudou ao asesor do Ministerio de Medio Ambiente de Arabai Saudí, Ali M. Alanazi, que esta mañá mantivo unha reunión cos responsables e técnicos da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, na que lles presentaron os obxectivos dos distintos plans de xestión de residuos que actualmente están en vigor na Comunidade.

Tamén se lles trasladou que Galicia é unha comunidade que está liderar o movemento para a implantación efectiva da economía circular, que se basea en converter os residuos en recursos e dar una segunda oportunidade aos materiais, fronte o modelo lineal de fabricar, usar e tirar.

10 de maio de 2017 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.