publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Apertura do prazo de inscrición para o torneo de pádel da Deputación de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedraRedondela
A-
A+

Redondela acollerá os días 27 e 28 de maio o Torneo Deputación de Pontevedra de Pádel con motivo da inauguración das novas pistas do complexo deportivo de Santa Mariña, financiadas pola institución provincial. As e os interesados en participar no campionato poderán inscribirse dende hoxe, e de xeito gratuíto, a través do correo diesemm@diesemm.com ata que se completen as prazas. A data límite para anotarse é o vindeiro mércores 24 de maio.

O torneo establecerá dúas categorías, unha masculina e unha feminina, onde participarán un total de 32 parellas. Deste xeito, a organización do torneo garante polo menos dous encontros por parella. A inscrición, ademais de ser gratuíta, incluirá un seguro de accidentes, hidratación durante o evento deportivo, unha camiseta conmemorativa do torneo e unha sesión de balde no centro de recuperación deportiva Oviñao Pazó.

A primeira xornada do campionato comezará o sábado 27 ás 10 da mañá e prolongarase ata ás 13:00 horas. Ese mesmo día pola tarde disputaranse o resto de partidos en horario de 16:00 horas ata ás 19:00. O domingo 28 disputaranse as finais, a primeira ás 10:00 horas e a segunda ás 11:oo horas. As parellas finalistas serán obsequiadas con trofeos.

O novo recinto, que foi financiado pola Deputación de Pontevedra cun orzamento de 550.00 €, inclúe catro canchas de pádel cun firme de microfibra de última xeración e peches de vidro e conta cunha cuberta que permitirá o seu desfrute durante todo o ano. Todas as pistas cumpren coas medidas técnicas regulamentarias pero ademais, unha delas, presenta as característica técnicas esixidas pola federación de pádel para acoller un campionato oficial.

As novas instalacións complétanse con dous vestiarios, dos que tamén se beneficiarán os e as usuarias das pistas de tenis que se atopan no mesmo complexo deportivo, así como un espazo de aparcamento para autobuses.

18 de maio de 2017 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.