publicidade hoxe

Adxudícase unha vivenda en réxime de alugueiro social en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A Xunta, a través da Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra, propuxo hoxe a adxudicación directa de unha vivenda emprazada en Pontevedra a unha familia en situación de especial necesidade. A adxudicación realizarase en réxime de alugueiro social.

A vivenda que a comisión propón adxudicar está emprazada no concello de Pontevedra e foi cedida por Banco Sabadell á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, con destino a alugueiro social.

Unha vez que a vivenda sexa adxudicada polo Goberno Galego asinarase o contrato de alugueiro e entregaranse as chaves da mesma aos adxudicatarios.

No que vai de 2017 xa se realoxou a 37 familias en vivendas propiedade do Executivo autonómico ou cedidas por Abanca, Sareb e CaixaBank. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica.

Ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron atendidos máis de 1.200 casos en toda Galicia.

29 de maio de 2017 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.