publicidade hoxe

Ábrese o prazo de inscrición para as dúas quendas do campamento de verán “Surf Camp”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Concellaría de Mocidade organiza un ano máis o campamento de verán Surf Camp, que se desenvolverá en dúas quendas, do 3 ao 10 e do 13 ao 20 de xullo, en Cangas do Morrazo. Este luns abriuse o prazo de inscrición, que rematará o 9 de xuño.

As prazas serán cubertas por rigorosa orde de inscrición. Poderán participar no campamento os mozos e mozas empadroados no Concello de Santiago de 14 a 17 anos (ou que cumpran 14 anos no ano en curso). No caso de que queden prazas libres atenderanse outras solicitudes.

O campamento ten un prezo de 120 euros para un participante e de 100 no caso de que se anote un segundo irmá ou teñan a condición de familia numerosa. Para poder participar nas actividades, as familias deberán entregar o impreso correspondente no Rexistro Xeral do Concello do 15 de maio ao 9 de xuño, entre as 9:00 e as 14:00 horas.

Deportes náuticos e coñecemento

O campamento de verán Surf Camp é un campamento de mar por excelencia, onde se mesturan as prácticas dos deportes náuticos con actividades de coñecemento da flora e fauna mariña. É un campamento que require un esforzo físico constante debido á práctica continuada do deporte. Realizaranse actividades de surf, pádel surf, kaiak-surf, bodyboard, snorquel con scooter, kayak, sendeirismo, xeocatching con GPS e varias visitas.

As actividades desenvolveranse entre nun albergue xuvenil situado no municipio de Cangas do Morrazo. O albergue atópase no Colexio Eduardo Pondal, unhas instalacións moi axeitadas para facer un campamento de verán a carón do mar, xa que se atopa a 500 metros da praia de Liméns.

15 de maio de 2017 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.