publicidade hoxe

A Xunta traballa coa Fundación Ronsel na procura dun emprego para persoas en situación de exclusión social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente, coñeceu hoxe de primeira man as instalacións nas que desenvolve a actividade a Fundación Ronsel, entidade de carácter benéfico e docente que ten por obxectivo mellorar a formación e as oportunidades de acceso ao emprego das persoas más necesitadas e en situación de desemprego. Durante a súa visita, este responsable autonómico estivo acompañado do director da devandita fundación, Luís García, así como da técnica de emprego encargada do proxecto de inclusión social que leva a cabo esta institución co apoio da administración autonómica, Patricia Mouro.

Así mesmo, Arturo Parrado aproveitou esta visita para manter un encontro de traballo co equipo directivo da Fundación Ronsel, que serviu para coñecer polo miúdo as accións que esta entidade realiza ao abeiro do Plan Galego de Inclusión Social. Neste sentido, a Consellería de Política Social mantén abertas varias liñas de colaboración con esta fundación coruñesa centradas na elaboración de itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral e en cursos de empresas para mozos e mozas en risco de exclusión. A Xunta inviste 50.000 euros no período 2016-2017 para a realización destas accións.

O responsable do departamento autonómico de Inclusión Social encomiou o traballo que realizan entidades como a Fundación Ronsel “na procura de que as persoas máis vulnerables e en risco de exclusión teñan novas oportunidades para acceder ou volver ao mercado laboral e así mellorar as súa situación”. Ademais, apuntou que desde a Xunta “seguiremos apostando pola colaboración e coordinación con outras administracións e coas entidades para mellorar a atención ás persoas e familias que máis precisan do noso apoio”.

A Fundación Ronsel, inscrita en no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais de Galicia, nace no ano 2000 co obxectivo de facilitar a ocupabilidade dos máis necesitados e mellorar a empregabilidade das persoas en situación de desemprego. Dispón de catro áreas funcionais de traballo: orientación laboral, intermediación, formación ocupacional e asesoramento para a creación de empresas-autoemprego.

16 de maio de 2017 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.