publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta investirá 180.000 euros nas obras de reparación e mellora da estación de autobuses de Noia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNoia
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras de reparación e mellora da estación de autobuses de Noia, cun investimento de máis de 180.000 euros.

Este proxecto, cun prazo de execución de seis meses, está enmarcado nun contrato que inclúe actuacións noutras dúas estacións, concretamente en Sanxenxo e Cambados, cun orzamento de máis de 276.000 euros.

As empresas interesadas na execución destas obras poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 30 de maio. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio: goo.gl/RrXDGN.

As obras teñen como finalidade a mellora das cubertas, o acondicionamento de fachadas e as reparacións de distintos elementos que afectan tanto ao edificio como ao resto da estación.

O proxecto contempla actuacións de mellora na cuberta da dársena, na que se realizará a retirada completa das baixantes danadas e da chapa metálica para a posterior instalación de correas metálicas novas, da cuberta íntegra con chapa de aceiro e de todo o canalón e baixantes. Na cuberta do edificio, executaranse accións para fixar os remates parcialmente soltos.

Os traballos tamén se centrarán no pintado das paredes da cafetería, actualmente con signos de humidade, así como a parte inferior dos piares da cuberta da dársena. Tamén se aplicará un tratamento de eliminación de pintadas nas zonas do muro e da fachada.

Repararanse as fisuras e fochancas no patio de manobras coa repavimentación das zonas afectadas. Ademais colocaranse novos bordos naqueles puntos nos que as diferenzas de altura entre dársenas e andéns fan que o bordo actual non alcance la baldosa; e reporanse as baldosas rotas.

O Goberno galego, mediante este tipo de actuacións, continúa a traballar na conservación e mantemento das estacións de autobuses da comunidade coa fin de ofrecer unhas instalacións cómodas e eficientes aos usuarios.

4 de maio de 2017 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.