publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta insta ao Concello da Coruña a poñer fin ás trabas na apertura da Sede Xudicial de Tabacos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+

O Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia entregou en man, a primeira hora desta mañá, no Rexistro Municipal de María Pita, o informe solicitado polo Concello da Coruña autorizando as obras no proxecto modificado da rehabilitación da antiga Real Fábrica de Tabacos para infraestruturas xudiciais.

Trátase dun trámite innecesario e redundante, xa que o propio informe recolle que “o expediente foi visto e informado en varias ocasións pola Comisión Territorial do Patrimonio Histórico Galego da Coruña”, o que deu lugar a unha serie de resolucións da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural das que o Concello é ou debería ser coñecedor. O documento relaciona as “modificacións de pequena entidade que non terán incidencia negativa sobre os valores culturais do valor protexido”, e que nalgún caso foron introducidas por petición expresa do propio Concello, que dispón de 3.000 metros cadrados, inútiles a día de hoxe, no edificio.

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, considera que as últimas trabas administrativas que expón o Concello para negar a licenza de primeira ocupación da Fábrica de Tabacos son “meras manobras dilatorias” sen xustificación. “Reclamar unha débeda de 2.400 euros nunha rehabilitación de máis de 16 millóns de euros dá unha idea de cal é a vontade da administración municipal en este asunto”, sinalou Rodeiro. “O que resulta incomprensible é pedirlle á Xunta que emita un informe favorable de unha obra promovida pola propia Xunta”.

Ovidio Rodeiro amosou a súa confianza en que “dunha vez por todas” o Concello libere a licenza de primeira ocupación que permita completar a mudanza da Audiencia Provincial e o resto de dependencias que agradan pola súa posta en funcionamento. O delegado territorial reiterou a disposición da Xunta a impulsar todas aquelas iniciativas que redunden na mellora dos servizos para os coruñeses, o mesmo que para o resto do galegos. “A porta da delegación, como o resto das portas da Xunta, están abertas para falar, cando e onde sexa necesario dos proxectos en mans do Concello pendentes de desbloqueo “, rematou Rodeiro.

16 de maio de 2017 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.