publicidade hoxe

A Xunta colabora cos pequenos concellos para mellorar as infraestruturas de uso diario dos seus cidadáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRois
A-
A+
Alfonso Rueda na visita ás obras do pavillón municipal de Antequeira

Alfonso Rueda na visita ás obras do pavillón municipal de Antequeira

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou hoxe pola colaboración entre a administración autonómica e a local para mellorar as infraestruturas que prestan servizo á cidadanía, unha cooperación que considerou especialmente relevante no caso dos concellos máis pequenos.

Así o destacou hoxe na súa visita a Rois, na que estivo acompañado polo alcalde da localidade, Ramón Tojo. Durante a mesma, achegáronse ata as instalacións do pavillón municipal de Antequeira, onde se construíu un ximnasio no que a Xunta investiu algo máis de 28.500 euros. Estes traballos, que veñen a dar resposta a unha demanda da veciñanza, financiáronse a cargo da convocatoria de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público dos concellos.

A esta liña de colaboración súmanse os preto de 27.000 euros que recibiu o concello o ano pasado a través do Fondo de Compensación Ambiental, e que se destinaron á adquisición de camións destinados a labores ambientais.

En total, desde 2009 a Consellería de Presidencia ten colaborado con Rois con máis de 350.000 euros a través de distintas liñas de axudas

8 de maio de 2017 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.