publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta colabora cos pequenos concellos apoiando actuacións que benefician directamente aos seus veciños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCartelle
A-
A+
Alfonso Rueda na visita a Cartelle

Alfonso Rueda na visita a Cartelle

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da alcaldesa da localidade, María del Carmen Leyte, visitou hoxe o concello ourensán de Cartelle, onde destacou que o Goberno galego mantén a premisa de seguir colaborando con actuacións nos pequenos concellos galegos, que benefician directamente aos seus cidadáns.

Alfonso Rueda, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaron as obras levadas a cabo no concello ao abeiro das axudas da Orde de infraestruturas de uso público da Xunta, que apoia aos concellos galegos para financiar infraestruturas, como instalacións deportivas, prazas, paseos, parques infantís ou dependencias municipais .

No caso do concello de Cartelle, recibiron unha axuda de máis de 30.000 euros para a pavimentación e posta en valor das rúas de acceso á praza do Toxal. Ademais, nos últimos anos recibiron tamén axudas para rehabilitar a praza onde se sitúan a casa do concello, o centro de saúde ou a biblioteca. En total, desde 2009, a Vicepresidencia da Xunta, outorgou axudas a este concello ourensán -directamente, ou a través da colaboración con outros concellos- por un valor próximo aos 450.000 euros.

Ademais, o concello de Cartelle foi un dos concellos que recibiu o 2º premio Coopera de Entidades Locais, no marco da Mancomunidade da Terra de Celanova, pola súa aposta pola implantación de servizo de fisioterapia e podoloxía no programa de Axuda no Fogar que exemplifica á perfección a colaboración entre entidades locais.

3 de maio de 2017 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.