publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta adxudicará tres vivendas a persoas en situación de emerxencia social en Silleda, A Estrada e Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal PortadaSilledaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Comisión Provincial de Vivenda de Pontevedra acaba de aprobar tres novas propostas de adxudicación de vivendas para familias en situación de emerxencia social nos Concellos de Silleda, A Estrada e Vilagarcía de Arousa.

As vivendas que se propón adxudicar ás familias en situación de emerxencia social, continuando coa aplicación das 12 medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para loitar contra os desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda, foron cedidas pola Sareb e Abanca.

Unha vez que as vivendas sexan adxudicadas pola Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, asinaranse os contratos de alugueiro e entregaranse as chaves aos beneficiarios.

Con estas adxudicacións a Xunta de Galicia continúa ofrecendo unha alternativa a todos os afectados que o solicitan e cumpren os requisitos establecidos. No que vai de 2017 xa se realoxou a outras 30 familias en vivendas propiedade do IGVS ou cedidas por Abanca e Sareb. A estas familias hai que sumar as beneficiadas polo Bono de Alugueiro Social e outras medidas adoptadas pola administración autonómica.

Cómpre lembrar que ao abeiro das 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda xa foron atendidos máis de 1.200 casos en toda Galicia.

11 de maio de 2017 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.