publicidade hoxe

A praza do concello de Sober é máis accesible e segura para os peóns tras as obras de remodelación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSober
A-
A+
Vista da praza do Concello de Sober remodelada

Vista da praza do Concello de Sober remodelada

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de rematar as obras de remodelación da praza do Concello e a súa contorna, nas que se investiron un orzamento de 245.000 euros.

A diretora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitaron esta mañá os traballos realizados a cargo dun convenio de colaboración asinado entre a Xunta e o Concello de Sober.

O obxectivo da actuación foi reordenar o espazo urbano formado pola praza, e as rúas do comercio, a avenida de Belán, a a estrada de Monforte, coa finalidade de mellorar a accesibilidade do espazo público para os peóns, reorganizando o tráfico da zona para ganar zonas libres de tránsito de vehículos.

Ademais, conectouse a alameda coa praza, sen necesidade de cruzar as vías para vehículos. O desenvolvemento das actuacións implicou a supresión da parte da estrada de Canaval que cruza a praza ata a rotonda coa estrada de Monforte, de xeito que puidera unir o espazo peonil da praza coa Casa Consistorial e a alameda, reordenando a circulación no seu perímetro. Así, organizouse o tráfico ampliando as zonas de estancia e pasos para os peóns, e adecuando o espazo urbano e o mobiliario a este uso.

En definitiva, trátouse de favorecer un urbanismo máis sostible e accesible, tanto en termos de infraestruturas e comunicación, como económico e da actividade que se poida xerar. Na zona da praza sitúanse baixos e locais comerciais sen ocupar que, combinados con esta actuación, poden impulsar á área para un crecemento comercial, ademais de favorecer a realización de eventos públicos na praza.

Tamén se mellorou a rede de saneamento e auga potable, así como as canalizacións das redes de electricidade e telecomunicacións; e se procedeu á eliminación das barreiras arquitectónicas; á modernización dos sistemas de iluminación; e á instlación de mobiliario urbano con superficies de madeira.

Plan hurbe

É importante destacar que esta actuación desenvolveuse ao abeiro do Plan Hurbe posto en marcha no ano 2010 co obxectivo de humanizar as vilas galegas, mellorando os contornos urbanos, contribuíndo ao benestar dos veciños e incrementando a habitabilidade, a comodidade e a sensación de comunidade.

Este Plan cumpre cun dos obxectivos prioritarios do Goberno galego que é a colaboración e cooperación entre a administración autonómica e os concellos, ao tempo que é unha boa forma de avanzar xuntos cara a un urbanismo responsable, sustentable e participativo en Galicia.

Os representantes da Xunta felicitaron aos responsables municipais por fomentar a cooperación institucional e promover o uso e goce das zonas públicas, xa que, con esta actuación, potenciarase a integración das persoas e as relacións humanas.

29 de maio de 2017 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.