publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica realiza 95 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAllarizAmesAmoeiroBoiroCamariñasLocal PortadaLugoMarínOurensePontevedraPortada dereitaRibadeoSantiago de CompostelaVigo
A-
A+

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo durante a pasada semana un total de 95 inspeccións de control de menores en 13 concellos galegos.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, nesta pasada semana realizáronse 22 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Allariz, Ames, Amoeiro, Boiro, Camariñas, Lugo, Marín, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela e Vigo.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron levantadas 17 actas de infraccións á Lei 11/2010: 4 por venda e 11 por consumo de alcohol. Tamén se levantou unha acta por consumo de drogas en menores e outra por consumo de tabaco. Foron identificadas 74 persoas e inspeccionadas 95 zonas de ocio, locais e centros comerciais.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcohol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

8 de maio de 2017 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.