publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica realiza 155 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo durante a pasada semana un total de 155 inspeccións de control de menores en 16 concellos galegos.

Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, nesta pasada semana realizáronse 24 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Ames, Dumbría, Lugo, Marín, Moaña, O Barco de Valdeorras, Oroso, Ourense, Poio, Pontevedra, Ribeira, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Teo e Vigo.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron levantadas 32 actas de infraccións á Lei 11/2010: 4 por venda e 24 por consumo de alcohol. Tamén se levantaron dúas actas por consumo de drogas en menores e dúas por consumo de tabaco. Foron identificadas 93 persoas e inspeccionadas 155 zonas de ocio, locais e centros comerciais.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcohol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

15 de maio de 2017 | 17:09 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario