publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Oficina Técnica da Seca activa novas medidas para minimizar os efectos da prealerta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+
O director de Augas de Galicia na Oficina Técnica da Seca. Foto: X. Crespo

O director de Augas de Galicia na Oficina Técnica da Seca. Foto: X. Crespo

A previsión meteorolóxica para as vindeiras semanas e a pouca recuperación dos sistemas hídricos, levan á Oficina Técnica da Seca (OTS) a activar de xeito inmediato medidas de preparación que permitan minimizar os posibles efectos dunha posible escaseza de recursos hídiricos durante a tempada estival.

Este decisión foi adoptada esta mañá no transcurso da reunión de seguimento para informar da situación dos ríos e o estado dos encoros da Demarcación Galicia- Costa e revisar as medidas de preparación necesarias durante a fase de prealerta por seca. Na reunión púxose de manifesto que pese ás precipitacións rexistradas no mes de maio, non se percibiu unha melloría substancial na situación hidrolóxica, sobre todo no relativo ao caudal circulante dos ríos que segue a ser o principal actor de preocupación, xa que o nivel de reservas dos encoros de abastecemento continúan presentado unha evolución propia para esta época do ano, cunha ocupación dun 93,31%.

A nivel de administración do recurso, Augas de Galicia intensificará a vixilancia de gardería fluvial nos ríos da demarcación para evitar un uso inadecuado do recurso, nas cabeceiras dos ríos e nos pequenos regatos, e evitarase autorizar derivacións temporais de auga para o rego de obras ou outros usos non básicos.

O director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, asegura que o abastecemento á poboación está garantido e non se ten constancia de incidencias de relevancia respecto a este aspecto. Non obstante, é necesario facer un uso responsable do recurso, polo que se continuará coas accións de sensibilización á poboación por medio de campañas que promovan o aforro e o uso responsable da auga.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, activou o pasado 12 de xaneiro a situación de prealerta por posibilidade de seca hidrolóxica en toda a Demarcación Galicia Costa. A decisión foi tomada logo de comprobar o baixo caudal que corre polos ríos respecto do que sería esperable nesta época do ano.

Cómpre lembra que a Oficina Técnica da Seca (OTS), está formada por persoal especializado de todos os departamentos da Xunta con competencias na materia, isto é, MeteoGalicia, a Axencia Galega de Emerxencias, a Consellería do Medio Rural e a propia Augas de Galicia.

11 de maio de 2017 | 17:02 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario