publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra asina o convenio de patrocinio co Pontevedra C. F.

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedraPontevedra
A-
A+

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a presidenta do Pontevedra Club de Fútbol, Guadalupe Murillo Solís, xunto coa deputada de Deportes Chelo Besada, firmaron esta mañá no Pazo provincial un convenio de colaboración de 160.000 € máis IVE para o patrocinio da entidade deportiva na temporada 2016-2017. Carmela Silva amosou a súa satisfacción por colaborar cun equipo que “é un referente desta cidade, e que forma parte da súa historia e da súa identidade” e aproveitou a ocasión para demandar unha vez máis un IVE reducido para os clubs deportivos, o que permitiría que as achegas económicas que fan as administracións fosen de maior cantidade e suporía, ao mesmo tempo, unha vantaxe para os equipos deportivos nos seus orzamentos cuns menores gastos.

Carmela Silva fixo fincapé a liña de actuación da institución provincial á hora de apostar polo deporte de elite e lembrou que “somos unha provincia que temos moito que dicir no deporte a nivel estatal, europeo e mundial”. Precisamente, estas axudas enmárcanse dentro do Plan Estratéxico de Deportes da Deputación dirixido a divulgar e promover os valores da práctica deportiva, que así mesmo pretende tamén crear sinerxías cos clubs máis destacados da provincia en diferentes disciplinas para que se convertan en embaixadores da marca turística Rías Baixas.

A través deste convenio de patrocinio, que se asina por segunda vez este ano, o club pontevedrés deberá inserir en contraprestación o logo da Deputación de Pontevedra na camiseta oficial do primeiro equipo, nos marcadores, na web e nos photocall, así como publicidade estática no interior e no exterior do estadio de Pasarón.

Pola súa banda, a presidenta do Pontevedra, Guadalupe Murillo quixo agradecer a dispoñibilidade e interese ofrecido persoalmente por Carmela Silva por este equipo desde o primeiro minuto ao fronte do Goberno provincial e asegurou que a presidenta ten demostrado con este compromiso que “realmente cre no deporte, no moito que o deporte aporta á economía e que sabe o moito que este club significa”. Así mesmo, Murillo valorou moi positivamente a axuda recibida pola Deputación de Pontevedra nos seus peores momentos e sinalou que a institución provincial “é o primeiro patrocinador do Pontevedra Club de Fútbol nos últimos anos”.

4 de maio de 2017 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.